venres, 8 de xullo de 2022

SUPER FESTA DOS 50 ANOS

Este ano foi moi especial e único na historia do cole, porque 50 anos non se cumpren todos os días. O 17 de xuño foi o día elixido para facer unha gran festa de aniversario que desfrutamos a tope!
Como xa vos contamos, comezamos inaugurando a super exposición que montamos entre todos con moito traballo e ilusión. Podedes velo premendo AQUÍ.
Despois tivemos unha sesión de zumba mooooi divertida que o alumnado de 6º preparou durante semanas para todo o cole: bailamos e rimos un montón!


Despois recibimos unhas visitas moi especiais: a alcaldesa, a conselleira de educación do concello, a presidenta da deputación, o noso inspector, a directora xeral de innovación educativa, o xefe territorial... e que este aniversario é tan importante que ninguén quería perdelo! Estivemos falando con eles e despois invitámolos a ver a exposición. María, Marian, Chema, Judit, Carmela, Pablo, Raquel e César... graciñas por vir a felicitarnos! 


E nunha gran festa non podía faltar a auga: festa da escuma e xogos de auga que a ANPA Abelendos organizou con moito cariño... que faríamos sen elas????


Comer no cole foi parte deste día especial, con este tesouro de patio que temos fixemos un pícnic chulísimo, e as familias que viñeron a colaborar tamén compartiron pícnic co profesorado: que ben sabe a comida todos xuntos!


Despois de comer pasámolo pipa cun montón de opcións diferentes: inchables, maquillaxe, tatuaxes, chapas, globoflexia, karaoke, xogos variados... Unha vez máis todo montado e organizado pola mellor ANPA do mundo mundial!!!


 Para finalizar a tarde desfrutamos dun concerto con Paco Nogueiras e por fin puidemos cantar e bailar as cancións que levabamos semanas ensaiando.
 

Para despedir o día, como todo aniversario que se prece, xuntámonos para soprar as velas e compartimos tarta coas familias: que aniversario tan feliz!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario