Este curso tivemos 3 profes de prácticas, que, como parte da súa formación na universidade, teñen que pasar uns meses nun cole para aprender do mellor xeito: coas mans na masa!
Nerea e Inés fixeron prácticas en infantil e foron de moita axuda, nós tamén aprendemos moito con elas! Os nenos e nenas colléronlle moito cariño... por algo sería!
A profe Tamar fixo prácticas de pedagoxía terapéutica con todas as clases do cole e, ademais, estivo moi implicada nos obradoiros do recreo. Aínda que xa era coñecida por moitos, porque é cuidadora nun bus, puidemos coñecela máis e todo o alumnado estivo feliz con ela!
Graciñas ás 3 pola vosa implicación e por ser como unhas profes máis do claustro. Seixo sempre será a vosa casa!
Ningún comentario:
Publicar un comentario