O pasado 2 de abril celebrouse o “Día mundial de concienciación sobre o Autismo”.
Nas nosas aulas traballamos este día visualizando diferentes curtametraxes e entrevistas a persoas con TEA, para sensibilizar e dar a coñecer a todo o alumnado as características destas.
Os vídeos foron os seguintes:
Despois, nas asambleas falouse sobre os vídeos, en infantil decoráronse os símbolos de infinito que representan a diversidade dentro do espectro autista. Nos cursos de primaria fíxose o mesmo pero escribindo mensaxes de sensibilización e apoio as persoas TEA.
Para finalizar elaborouse un mural coas fotos de todas e todos,que luce na entrada do cole. Quedounos chulísimo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario