Este ano tivemos unha despedida do curso moooooi musical (podedes vela premendo AQUÍ).
Foi xenial poder compartila coas familias do noso alumnado e ter un día de festa todos xuntos.
Aínda que tivemos un día caluroso, conseguimos un rinconciño á sombra que nos permitiu desfrutar un montón.
Pero ademais de ser unha despedida moi musical, foi unha despedida moi, moi, moi, pero que moi emotiva... porque non todos os anos se despide a tres profes... tres persoas fantásticas que levan media vida adicando o seu traballo e ilusión como mestres ao cole de Seixo.
Kati, Goyo e Charo, todas as palabras do dicionario se quedarían cortas para agradecer tantas cousas, para recordar tantos momentos, para expresar a alegría que sentimos sabendo que vos chega a hora de desfrutar do merecido descanso... pero tamén a pena que sentimos pensando no baleiro que queda no cole sen vós. Moitos dos papás e mamás do cole foron alumnos seus e seguro que entenden o que sentimos.
Kati, despídese despois de 31 anos no colexio, moitos deles como directora facilitando o traballo de tantos mestres que tiveron a sorte de traballar en Seixo. Di adeus con esa marabillosa sonrisa que acompañou e contaxiou a tantos nenos e nenas durante estes anos.
O útimo grupo da súa titoria, os nenos e nenas de 4º, sorprendérona cun montón de sorpresas, incluido un baile, e con moitos agasallos. Seguro que Kati nunca olvidará as palabras tan fermosas que o seu alumnado tivo para ela como despedida... aquí vos deixamos unha pequena mostra.
Goyo, 28 anos traballando duro no cole por e para cada alumno e alumna que pasou polas súas mans. 22 deses anos coordinando un duro traballo na biblioteca a cal vimos medrar e evolucionar hasta ser a marabillosa casa de Arnaldo que agora temos... que gran herencia nos queda!!
O seu último grupo, os nenos e nenas de 5º, quixeron sorprendelo con moitos agasallos e sorpresas moi merecidas, como agradecemento ao seu traballo e ao coidado e atencións con cada un durante este curso.
Charo, despois de 28 anos no cole, moitos como secretaria e compañeira de Goyo na coordinación da biblioteca, despídese feliz vendo como Arnaldo ten unha casa máis bonita que nunca, chea de libros marabillosos e árbores autóctonas.
O seu último grupo coñece moi ben a Charo, e ela a eles, xa que tiveron a sorte de tela 4 anos como titora, e con ela aprenderon e desfrutaron de moitas aventuras e experiencias que non saen nos libros de texto.
Goyo, gracias por tanto, nunca te olvidaremos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario