E como non podía ser doutra forma, non deixamos escapar a oportunidade de volver a entrevistar a Anxo Moure. Unha entrevista moi, moi especial. Sempre é un pracer charlar con Anxo, que é un apaixoado da natureza. Aquí a tendes para que tamén a poidades desfrutar e aprender cousas con el!
martes, 24 de outubro de 2023
CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS ENCHENDO SEIXO DE VIDA!!!
Este queremos coñecer máis da fauna e flora de Seixo, polo que non podíamos ter outro convidado no día das bibliotecas que Anxo Moure, amante das árbores, dos animais... Por iso quixemos que fose o primeiro convidado deste curso.
Pasamos un día do máis divertido co Carballo con Botas. Mirade os de infantil como aproveitaron a súa visita na que contaron contos na biblio e en medio das árbores, bailaron, pasearon en ciclobiblioteca... un planazo!!
Os de primaria tamén desfrutaron dos contos do Carballo con Botas, da música das árbores, das viaxes dos libros...
E ninguén mellor que o Carballo con botas para axudarnos a poñer en marcha a nosa plantación de árbores en botas vellas, porque queremos seguir enchendo Seixo de vida!!
venres, 20 de outubro de 2023
GUÍA DE USUARIOS DA BIBLIOTECA
Seguimos traballando para mellorar a nosa biblioteca, e por iso pensamos que é moi importante que a coñezades ben. Fixemos esta guía para axudar a todos os que queirades sacarlle moito partido.
Aínda que este curso as cousas teñen que ser diferentes pola situación que estamos a pasar, a mecánica é a mesma.
Nos próximos días daremos a coñecer o protocolo da biblioteca pero xa vos podo adiantar que este curso os colaboradores son especiais!!!
luns, 9 de outubro de 2023
TRUCOS PARA BUSCAR NA REDE
Aquí deixámosvos alguns truquiños para buscar infromación na rede... sen olvidar os dereitos de imaxe.
domingo, 8 de outubro de 2023
ANDAINA POLO NOSO SEIXO CHEO DE VIDA
Hai un mes que comezamos este novo curso cheos de ganas e ilusión por compartir moitas aprendizaxes e vivencias.
E celebramos o primeiro mes no cole cunha das actividades que máis nos gustan, que son as que compartimos todos xuntos: dende os máis pequerrechos que acaban de comezar o cole, ata os maiores de 6º. Por iso desfrutamos moito a primeira andaina do curso, na que demos un bo paseo ata o parque da Brea e puidemos comprobar que SEIXO ESTÁ CHEO DE VIDA!!!
E, ademais de desfrutar dunha xornada especial de convivencia, agora temos nas aulas moitos tesouros de outono e moitas landras, que xa vos contaremos para que usaremos!
venres, 14 de xullo de 2023
O ANO QUE VEN: MÁIS E MELLOR!!!
Despedimos este curso cunha imaxe moi especial: unha gran foto de familia, feita un día chulísimo que compartimos todo o cole en A Pradeira. Esta foto está na casa de todo o alumnado e de todo o profesorado, porque as fotos nas pantallas son bonitas, pero impresas aínda máis!!
No consello de nenos, o alumnado pediu ter unha foto impresa de cada clase e de todo o cole, e esta foi a foto de cada clase que todos levaron, botamos de menos a algúns compis que non saen (fíxose complicado coincidir todos nos últimos días).
Despedimos cunha aperta especial ás profes Sole, Rebeca, Fanny e ao profe Edu, que compartiron este curso con nós: botarémosvos moito de menos!!
FELIZ VERÁN A TODOS E TODAS:
VÉMONOS EN SETEMBRO!!!
venres, 30 de xuño de 2023
EXPOSICIÓN FINAL RqueR
Este ano estivo cheo de artistadas RqueR e descubrimos que o material de refugallo ten moitas posibilidades e que con cousas que irían ao lixo pódense facer auténticas obras de arte. Inspirámonos en diferentes artistas que traballan deste xeito: Judith Scott, Eva Jospin, Alejandro Durán, Seoane, Arsénico, Vik Muñiz, Óscar Olivares, Luca Paroli, Chihuly...
Nos últimos días xuntamos todo o noso traballo nunha exposición, aberta ás familias, que resultou tan fermosa que non hai vídeo que recolla tanta beleza, pero pódese apreciar que somos uns artistazos!
mércores, 28 de xuño de 2023
DESPEDIDA DO CURSO RQR
O 21 de xuño despedimos este curso nun fermoso día soleado cheo de emocións. Xuntámonos coas familias de 6º de infantil e de 6º de primaria para celebrar que cambian de etapa.
Neste día de emotivas despedidas, sobre todo ao alumnado de 6º, tamén despedimos a 3 nais que levan mooooitos anos formando parte da ANPA, sendo un gran apoio e axuda en moitas cousas. Tere, Uxía e Rocío: a vos tamén vos imos botar moito de menos, como lles dixemos aos vosos fillos, recordade que Seixo tamén sempre será a vosa casa.
Ademais, a familia de Fuco e Lúa (que aínda que leva anos en secundaria segue sendo da familia de Seixo) agasallou ao cole cunha árbore que quedará a vivir no noso patio. Graciñas a Uxía e a Gaspar, non so por esta árbore, senón por tantos anos acompañándonos e axudándonos en tantas cousas relacionadas coas arbores e plantas do cole... e o que lles queda jejeje
E para rematar a festa fixemos unha merendola conxunta na que todo o cole aportamos cousiñas para compartir, e aínda que fixemos un vídeo, non é posible percibir que momento tan fermoso foi: todos xuntos, profesorado e alumnado, maiores e pequenos, compartindo merenda, conversas, xogos... nun patio tan fermoso que nos deixa sen palabras.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





.jpg)











.jpg)
.jpg)