mércores, 28 de xuño de 2023

DESPEDIDA DO CURSO RQR

O 21 de xuño despedimos este curso nun fermoso día soleado cheo de emocións. Xuntámonos coas familias de 6º de infantil e de 6º de primaria para celebrar que cambian de etapa.
Xa vos contamos como foron as graduacións, se queredes ver como foi a graduación de infantil podedes vela premendo AQUÍ, e se queredes ver a graduación primaria premede AQUÍ.

Neste día de emotivas despedidas, sobre todo ao alumnado de 6º, tamén despedimos a 3 nais que levan mooooitos anos formando parte da ANPA, sendo un gran apoio e axuda en moitas cousas. Tere, Uxía e Rocío: a vos tamén vos imos botar moito de menos, como lles dixemos aos vosos fillos, recordade que Seixo tamén sempre será a vosa casa.


Ademais, a familia de Fuco e Lúa (que aínda que leva anos en secundaria segue sendo da familia de Seixo) agasallou ao cole cunha árbore que quedará a vivir no noso patio. Graciñas a Uxía e a Gaspar, non so por esta árbore, senón por tantos anos acompañándonos e axudándonos en tantas cousas relacionadas coas arbores e plantas do cole... e o que lles queda jejeje


E para rematar a festa fixemos unha merendola conxunta na que todo o cole aportamos cousiñas para compartir, e aínda que fixemos un vídeo, non é posible percibir que momento tan fermoso foi: todos xuntos, profesorado e alumnado, maiores e pequenos, compartindo merenda, conversas, xogos... nun patio tan fermoso que nos deixa sen palabras.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario