martes, 7 de xuño de 2016

COMEZA A FESTA DO SABER

Hoxe comeza no cole a FESTA DO SABER. Serán moitos días cheos de actividades especiais, días de compartir aprendizaxes e descubrimentos feitos nos proxectos de aula.


Despois de montar un gran bosque no que luce a natureza de Seixo, non queríamos esquecernos das casas e dos establecementos... porque todo forma o noso contorno.


Todos os días uns compartiremos con outros o que estivemos aprendendo sobre árbores, bechos, petroglifos, sobre o río, sobre a xente de Seixo, sobre as costumes do noso contorno, sobre os cruceiros, o mercado... moitos descubrimentos que compartir!! 
E algúns días tamén as familias poderedes escoitar o que aprendemos. Estade atentos, cada día será diferente: ESTAMOS DE FESTA!

Ningún comentario:

Publicar un comentario