martes, 28 de xuño de 2016

O NOSO CONTORNO: O MERCADO (1º PRIMARIA)

Os alumnos de 1º de primaria elixiron o tema do mercado para o seu proxecto de aula. 



Durante este curso investigaron e aprenderon moito sobre o mercado. 




Como actividade para compartir o aprendido fixeron unha pequena mostra do mercado. 




Nel destacaron catro postos: a froitería, pescadería, carnicería e supermercado. 




O xogo consistía en clasificar os diferentes produtos.




Foi unha actividade programada para educación infantil e levouse a cabo de maneira conxunta.




Os peques pasárono xenial xogando neste precioso mercado. 




Os nenos e nenas de 1º convidaron ás súas familias a escoitalos e xogar no seu mercado. 






Grazas por compartir todo o aprendido dunha forma tan práctica, e grazas a profe Virgina por guialos tan ben!

Ningún comentario:

Publicar un comentario