Os nenos e nenas de 6º están a punto de rematar a súa viaxe por primaria, pero non queren despedirse sen ensinarnos as camisetas que fixeron: poderíamos facer un catálogo de moda coas fotos que ides ver!

Son unha pasada, e o mellor de todo é que foron feitas por eles: primeiro elixiron o deseño, logo con papel de calco pasárono ás camisetas que despois pintaron con pintura de tea usando pinceis, para despois rematalas con rotuladores téxtiles. Un gran traballo cun fantástico resultado.
| Tania, Ainara e Belén elixiron unhas bonecas Gorjjus alucinantemente bonitas |
| Álex e os dous Danieles fixeron un debuxo de Creeper que lles quedou cravado! |
| Antía, Marta e Dessi tamén debuxaron fenomenal a Creeper do videoxogo Minecraft |
| Marco, Antía, Iago e Aaron fixeron deseños variados nas súas camisetas: os emojis de whatsapp, Pikachu... |
| Rubén, Diego e Abel elixiron a peli de Deadpool para ilustrar as súas camisetas que quedaron súper chulas e moi vistosas! |
| Jose, Aarón, Diego e David fixeron uns divertidos Minions que lles quedaron xenial! |
| Jona cun deseño propio e Isra, cunha imaxe de Assassin´s Creed, tamén conseguiron unhas camisetas moi chulas e orixinais, |
| As nenas desta clase... son poucas pero van pisando forte! |
Noraboa a todos polo voso fantástico traballo, e tamén á profe Kati por esta idea e por acompañalos no traballo...
seguide potenciando a vosa arte!
seguide potenciando a vosa arte!
Ningún comentario:
Publicar un comentario