martes, 4 de xuño de 2019

FUTSALESCO

Hoxe queremos falarvos da actividade que veñen de realizar os nenos e nenas de primaria "FUTSALESCO" no noso cole.
Dende o clube "ANCORA D'OURO" seguen coa labor de promocionar os valores no deporte e a captación de deportistas. 
E por iso veñen de poñer en marcha este proxecto co cal pretenden ensinar a súa entidade a todos escolares.
Unha xornada escolar na que os nenos e nenas desfrutaron, ademáis da presentación do propio clube, dunha charla educativa sobre a nutrición, a cargo de Enma Ortego...
e unha charla sobre os valores no deporte e na arbitraxe impartida por Eva Fontán...
Tamén puideron participar nun circuito deportivo, con catro estacións, na que foron rotando por todos os espazos, podendo desfrutar dun campo inchable, partidos de 3x3, circuito técnico e lanzamentos a portería para traballar a precisión....

Como non podía ser de outro xeito... cada un levou para a súa casa un diploma da participación nesta xornada...
E si queredes ver máis fotos deste día.... mirade o seguinte vídeo e veredes o ben que nolo pasamos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario