luns, 3 de xuño de 2019

ESPAZO RELAX...UN NOVO RECUNCHO!

Moi boas amiguiños!
Hoxe estamos de estrea! Inauguramos un novo espazo no patio dos nosos soños!
ESPAZO RELAX BOTA A ANDAR!
Dentro do PDI deste ano, "O PATIO DOS NOSOS SOÑOS", xa temos en marcha unha sección do máis tranquila e relaxante que vos podedes imaxinar!
Un espazo destinado á calma, á tranquilidade, ao descanso, ao relax, á meditación.... nun recuncho á sombriña e debaixo das árbores no que vos poderedes tumbar nunha hamaca ou nunhas esterillas no chan.
Os encargados de coordinar esta zona serán os nenos e nenas de cuarto de primaria que en quendas, de dous en dous, serán os encargados de sacar e recoller o material e vixiar que se respecten as normas e que o espazo funcione correctamente.
Os primeiros responsables serán Antía e Mateo...
A desfrutar del!

Ningún comentario:

Publicar un comentario