venres, 21 de xuño de 2019

FIN DE CURSO CON AMIGO INVISIBLE EN 2º

Que mellor maneira de despedir o curso para os nenos e nenas de 1º e 2º que vivindo un día moi especial coa celebración, unha vez máis, do xogo do amigo invisible.
A única condición que puxeron as mestras foi que os agasallos tiñan que ser feitos por eles mesmos ; a verdade é que trouxeron unhas manualidades chulísimas e feitas con moito agarimo.
CARLOTA ENTREGOULLE A DIEGO UN ÁLBUM MOI GUAI CON FOTOS DOS SEUS XOGADORES FAVORITOS
DANI REGALOULLE A FUCO UN PORTALIBROS PERSONALIZADO AO QUE SEGURO QUE LLE DARÁ MOITO USO
DANIELA DEULLE A MARIO UNHA TARXETA, UNHA PULSEIRA E UN CHAVEIRO MOI CHULOS
DIEGO REGALOULLE A ÓSCAR A RECEITA DUNHA SOBREMESA RIQUÍSIMA
FUCO PINTOU PARA RAÚL UNHA CAMISETA XENIAL
LUCÍA REGALOULLE A NEREA UNHA CAIXA CON DOUS BONITOS TARROS DE CRISTAL PINTADOS E UN DEBUXO CHULÍSIMO
MARIO AGASALLOU A SABRÍN CUNHA PULSEIRA E UNHA PIZARRA BEN CHULA
NAROA AGASALLOU A DANIELA CUNHAS FERMOSAS FOTOS DAS DÚAS
NEREA FÍXOLLE A DANI UNHA HUCHA MOI MARIÑEIRA CON CHUCHES NO INTERIOR
RAÚL DEULLE A TANIA UNHA CARPETA CO ESCUDO DO BARCA (O SEU EQUIPO FAVORITO) E CON DEBUXOS NO SEU INTERIOR
SABRÍN ENTREGOULLE A CARLOTA UNHA CAIXIÑA DE MADEIRA CON CHUCHES DENTRO
SOFÍA REGALOU A NAROA UNHA SEREA BEN CHULA, UNHA BOLSIÑA CON ACCESORIOS DE MANUALIDADES E UN SLIME CASEIRO
TANIA FÍXOLLE A SOFÍA UN XOIEIRO PRECIOSO
ÓSCAR FÍXOLLE A LUCÍA UN LAPICEIRO-GATO E É QUE A LUCÍA ENCÁNTANLLE OS GATOS!
Queremos agradecer ás familias a súa colaboración e gran implicación nesta actividade. Foi unha experiencia moi emotiva coa que, nenos, nenas e mestras disfrutamos moitísimo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario