luns, 10 de xuño de 2019

PRESENTACIÓN LIBRO: MARÍN EN VERDE

Tivemos a sorte de contar cunha visita moi espeial na nosa BIBLIO...

Uxía e Gaspar, os papás de Fuco e Lúa, compañeiros do noso cole, viñeron a presentarnos o libro...

E a falarnos tamén de...
Un encargo feito polo Concello de Marín, no que colaboraron, dun xeito importantísimo, Fuco e Lúa!

Foi un acto moi divertido e interesante no que aprendemos moitísimas cousas relacionadas coa natureza do noso concello...



O libro fai unha aproximación ás principais áreas verdes do concello, destacando os espazos litorais, os bosques autóctonos e as repoboacións forestais.

Pero tamén percorre as formacións de matorrais e os terrenos cultivados, xunto con áreas recreativas ou distintos espazos verdes urbanos. 

Todo serve para poñer en valor a gran biodiversidade presente no Concello de Marín.
Gracias familia por esta actividade!

Ningún comentario:

Publicar un comentario