venres, 21 de xuño de 2019

FIN DE CURSO CON AMIGO INVISIBLE EN 1º

Que mellor maneira de despedir o curso para os nenos e nenas de 1º e 2º que vivindo un día moi especial coa celebración, unha vez máis, do xogo do amigo invisible. 
A única condición que puxeron as mestras foi que os agasallos tiñan que ser feitos por eles mesmos ; a verdade é que trouxeron unhas manualidades chulísimas e feitas con moito agarimo.
 Andrés regaloulle a Eluney unha casiña de paxaros moi chula
 Carlos entregoulle a Giselle unha caixiña paa que garde nela os recordos máis preciados
 Diego agasallou a Joel cun lapiceiro multicor 
moi molón
 Eluney deulle a Carlos unha morea de debuxos nos que deixou voar a súa imaxinación
 Giselle deulle a Mario un debuxo e 
un escudo dun superheroe
 Iván agasallou a Roque cunha pista de fútbol con céspede artificial, como ben nos explicou na clase.
 Joel regaloulle a Saúl un xogo feito por el mesmo para poderen xogar xuntos nestas vacacións
 Lara recibiu un debuxo de Unai 
feito con moito agarimo
 Lara regaloulle a Leire un corazón feita por ela mesma e cuns ollos moi divertidos
 Leire deseñou unha casiña de cartón e papel que entregou a Valeria para que garde os seus reccordos máis valiosos.
 Mario fixo entrega a Unai dunhas boliñas antiestrés do máis divertidas e molonas
 Olivia regaloulle a Andrés un marco 
coa súa fotografía
 Reda regaloulle a Diego unha caixa pintada por ela mesma moi colorida
 Roque entregoulle a Reda unha libreta estupenda para recoller as aventuras destas vacacións
 Saúl agasallou a Olivia cunha bóla moi orixinal que brilla na escuridade
Valeria deulle a Iván unha 
manualidade moi colorida
Queremos agradecer ás familias a súa colaboración e gran implicación nesta actividade. Foi unha experiencia moi emotiva coa que, nenos, nenas e mestras disfrutamos moitísimo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario