mércores, 6 de xuño de 2018

OBRADOIRO DE PERCUSIÓN

Durante o curso 2017/18 Luz foi a nosa profe de música, e unha das actividades que organizou foi un obradoiro de percusión. 



Preparou un montón de instrumentos con cubos, capachos... menudo curre!!! e durante varias sesións, todos os nenos e nenas de primaria practicaron a percusión e os ritmos. 



Os de 5º e 6º deron un paso máis alá e desfrutaron dun obradoiro especial de percusión. 



A profe Luz invitou a Alberto, membro de grupos como Pelepau ou Fan Farria Taquicardia (premede nos seus nomes se queredes escoitalos)



Foi unha sesión inolvidable e moi divertida.

Mirade neste vídeo canto traballaron os nenos e nenas de 5º e 6º con Alberto.



E non podemos rematar esta entrada sen lembrar o ben que sonaba a percusión no festival de fin de curso grazas ao aprendido neste obradoiro e a todo o traballo da profe Luz cos nenos e nenas. Noraboa a todos. Un traballo fantástico!!



2 comentarios:

  1. o mellor festival dos q levo disfrutado no cole.. moitìsimas gracias polo expectàculo!!! disfruteino atoope!!! uuuueeee

    ResponderEliminar