Os alumnos de 5º, para o noso Proxecto de radio escolar, intentamos facer diversas cousas na radio. Unha das ideas para tratar de entender e coñecer mellor o colexio, foi facer entrevistas, un xénero periodístico moi radiofónico.
Eliximos a seis persoas, catro relacionadas directamente co colexio e outras dúas relacionadas institucionalmente. Todas aportáronnos a súa experiencia e explicáronnos en que consistía o seu traballo no colexio ou que relación teñen con el. Dividímonos en grupos de tres, somos 18, e así entrevistamos aos nosos seis invitados.
Ola!!, nós somos Lucas, Alejandro e Leire e entrevistamos a Lourdes, orientadora do noso colexio C.E.I.P. Seixo e Ardán, para saber en que consiste o seu traballo e como pode axudar a nenos con dificultades.
Aquí vos deixamos a nosa entrevista:
Ningún comentario:
Publicar un comentario