xoves, 16 de abril de 2020

ARGALLANDO COUSIÑAS PARA O DÍA DO LIBRO

Moi boas rapaces!

Que tal vai todo? Esperemos que ben!
Dende o Equipo da Biblio e EDLG queremos organizar con vós e coas vosas familias un par de cousiñas con motivo do día do libro. Lembrades cando é?
Claro que si! 
O vindeiro Xoves 23 de Abril


Queremos propoñervos dúas actividades:

BOOKTUBERS  NA CUARENTENA
Seguro que estes días estades a ler moitísimo por iso vos propoñemos que nos fagades recomendacións das vosas lecturas preferidas para que outros nenos e nenas se animen a ler os vosos libros. 

Gravade os vosos vídeos (recordade gravar sempre en horizontal) e enviadeos á seguinte dirección:
ceip.seixo@gmail.com
Por aquí vos deixamos algúns exemplos dos booktubers do cole... por suposto os que enviedes tamén os engadiremos nos libros do cole.


CONTOS COMPARTIDOS
Convidámosvos a todos (alumnado, profesorado e familias) a convertervos en contacontos! Animádevos a gravar un conto para compartir e que todos poidamos desfrutalo. 

Gravádeo (en horizontal) e enviádeo á seguinte dirección:
ceip.seixo@gmail.com

TENDES ATA O VINDEIRO MARTES 21 Á NOITE PARA ENVIAR AS VOSAS GRAVACIÓNS
Animádevos a participar!

Ningún comentario:

Publicar un comentario