martes, 14 de abril de 2020

BOLETÍN ACTIVIDADES XENÉRICAS IV (INFANTIL)

Ola familias!!

Hoxe comeza a 3ª Avaliación. Todo o claustro do cole desexamos que vos atopedes ben de saúde e con moito ánimo para afrontar este novo trimestre. 
Ao longo desta semana seguiremos traballando a través dos boletíns como fixemos ata agora. 
Estamos á espera das instrucións da Consellería de Educación que marcarán as directrices de traballo neste último período de curso. 
Estamos outra vez aquí de volta despois desta semana de "vacacións" seguro que con máis forzas e máis ganas, xa que, sen dúbida, estamos cada vez máis cerca da volta á normalidade. 
Outra semana máis os Lagartiños de Seixo deixamos actividades e suxestións para traballar na casa, dentro das vosas posibilidades e sen esquecernos que esta situación é complicada para todos e todas, e por suposto tamén para os nenos e nenas. 


Ademais de ver o blog da vosa clase, invitámosvos a visitar os das outras clases xa que en todos tendes estupendas actividades que de seguro podedes aproveitar. 

Aí vos vai entón a proposta de traballo para esta semana: 


Ningún comentario:

Publicar un comentario