martes, 14 de abril de 2020

BOLETÍN ACTIVIDADES XENÉRICAS IV (DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN)

Hoxe, martes 14 de abril , como todos e todas sabedes comeza a 3ª Avaliación. Todo o claustro de mestres/as do colexio desexa que vos atopedes ben de saúde e con moito ánimo para afrontar este novo trimestre.


Ao longo desta semana seguiremos traballando a través dos Boletíns de actividades publicados neste Blog e na páxina Web do centro.

Estamos á espera das instrucións da Consellería de Educación que marcarán as directrices de traballo neste último período de curso.
Nesta nova semana de confinamento, desde o Departamento de Orientación queremos aportar as seguintes actividades, enlaces e vídeos. Algúns para axudarvos coas tarefas propostas polos titores e titoras e outros para desfrutar e aprender en familia. 

Desexamos que todo vaia ben e que o máis axiña posible volvamos á normalidade. 

Para aprender e desfrutar en familia: 


Podedes atopar consellos, recomendacións, recursos audiovisuais, lecturas, visitas virtuais, exercicios, actividades, ideas... para nenos/as e adultos. O documento elaborouno a Fundación Mª José Joven colaboración coa Asociación Participa co obxectivo de facilitar que a corentena sexa máis levadía para os nenos/as e as súas familias. 



- OPCIÓNS EN CORENTENA 20202, documento descargable en PDF con variedade de actividades, películas, manoalidades, ….. 

Exercicios para a estimulación cognitiva e a atención. 
- Na seguinte páxina atoparedes diferentes recursos relacionados coa estimulación cognitiva para nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria. 

- Nos seguintes enlaces poderedes traballar a vosa atención. 



- Mais centrado en infantil, xogos cognitivos de 3 a 6 anos. Traballo de memoria, atención e resolución de problemas. 

Dedicamos un tempo a lóxica-matemática 
- Páxina web na que figura un listado de competencias matemáticas clasificadas en categorías desde infantil ata 6º curso. IXL fará un seguimento das puntuacións e as preguntas irán aumentando de dificultade. 

E por último a importancia da lectura 
- Nestas propostas, queremos que traballedes a comprensión lectora facendo inferencias. Un lector competente é capaz de realizar inferencias, é dicir, ler entre liñas, extraer unha información non explícita no texto. Traballalas desde idades temperás pode axudar aos nosos nenos e nenas a realizarse nun futuro de forma autónoma. 



tamén relacionado coa lectura... 

- Dinámicas de lectura comprensiva: https://www.youtube.com/watch?v=MRFboPotot4 

- Exercicios para mellorar a velocidade lectora, a fluidez e a compresión. Son exercicios específicos para traballar a dislexia pero pódense empregar con todo o alumnado 

- O seguinte recurso está mais pensado para as familias; como fomentar a lectura entre os nenos e nenas de primaria para aumentar o seu gusto pola lectura, trucos !! 

Sen mais, un saúdo enorme de todo o equipo que forma o Departamento de Orientación.
Esperamos que todos e todas estedes moi ben, ese é o noso maior interese, e que poidamos saír o mellor posible desta situación.

1 comentario:

  1. Grazas por todo compais!!! a ver que nós contan dende a consellerìa de educaciòn para este 'futuro incherto' (como dirìa Toninno Carotone.. jejej)
    Moita forsa e moito amor para todas!!! (emprego o xènero femenino xq refìrese as persoas.. homes e mulleres)
    MMMMUUUAKA

    ResponderEliminar