Ola de novo a todos e todas!
Hoxe comeza a 3ª Avaliación. Todo o claustro do cole desexamos que vos atopedes ben de saúde e con moito ánimo para afrontar este novo trimestre.
Ao longo desta semana seguiremos traballando a través dos boletíns como fixemos ata agora.
Estamos á espera das instrucións da Consellería de Educación que marcarán as directrices de traballo neste último período de curso.
Como levades o traballo desde casa? Seguro que vos estades atopando con problemas á hora de realizalo, non vos preocupedes, aos poucos irémolo conseguindo entre todos con boa comunicación e disposición.
Lembrade a importancia de establecer rutinas coas que cumpramos cada día un pouco mellor. Aprender algo novo require dedicación e tempo!
Deixámosvos por aquí as propostas desta semana...
1º DE PRIMARIA
profe.nati.seixo@gmail.com
ACTIVIDADES XENÉRICAS:
LÍNGUA CASTELÁ
* Lectura diaria.
*Comprensión lectora: ler e responder preguntas sobre o lido.
* Ditados de textos curtos.
LÍNGUA GALEGA
* Lectura dun conto en galego.
* Traballo de vocabulario en galego.
MATEMÁTICAS
* Sumas e restas de dúas cifras sen levar.
* Comparación de dous números (maior-menor-igual).
* Completar series.
* Numeración: anterior e posterior, e ordenar de maior a menor e de menor a maior.
* Descomposición de números: decenas e unidades.
PROPOSTAS PARA TRABALLAR CON FICHAS ESTES CONTIDOS:
MATEMÁTICAS
LÍNGUA CASTELÁ
* Lecturas
* Compresión lectora
LÍNGUA GALEGA
* CONTO "PULGA E XIGANTE"
TAREFA 1º PROFE BERTO
profe.alberto.seixo@gmail.com
CIENCIAS SOCIAIS
* Mira os seguintes vídeos de repaso sobre os tipos de localidades.
* Os tipos de paisaxes.
CIENCIAS NATURAIS
* Debuxa os alimentos do almorzo, comida, merenda e cea dunha dieta equilibrada, recorda que neste tempo que non podemos sair da casa para xogar debemos coidar moito o noso corpo.
VALORES
* Fai un collage dun arco da vella, para elo deberás recortar papeliños pequenos das distintas cores e pegalos nunca folla, se non tes follas de cores podes pintar uno folio con ceras. Después escribe nel unha mensaxe de ánimo.
PLÁSTICA
* Fai un colar hawaiano, se non tes palliñas también podes empregar macarróns.
* Se podedes mandádeme fotos ao correo e sobretodo moito ánimo a vos e as vosas familias.
2º PRIMARIA
profe.beapicos.seixo@gmail.com
MARTES 14 DE ABRIL DO 2020 * Matemáticas: páxina 143 do libro de texto.
* Calculo:
632-189= 322-138=
324-199= 812-447=
963-852=
MÉRCORES 15 DE ABRIL DO 2020
* Língua Castelá: páxina 29 do caderno.
* Calculo:
741-147= 742-357=
661-113= 73+257+3=
855+645=
XOVES 16 DE ABRIL DO 2020
* Língua Galega: páxinas 44-45 do caderno.
* Calculo:
460-156= 561-123=
654+165= 687+54+121=
VENRES 17 DE ABRIL DO 2020
* Ciencias Sociais: páxinas 18-19 do caderno.
* Calculo:
511-456= 673-595=
867-184= 323-238=
7+53+482=
* Ao longo da semana estudo a táboa do 7.
* Tamén é importante que adiquedes un tempo diario á lectura en voz alta.
PLÁSTICA
* Fago un debuxo da primavera.
3º PRIMARIA
profe.graciela.seixo@gmail.com
Premede na imaxe para acceder ao blog onde tendes as propostas para 3º.
Ningún comentario:
Publicar un comentario