mércores, 1 de xuño de 2022

SACHACONTOS

Dentro do programa de bibliotecas creativas, todas as clases, de 3 anos a 6º, fixemos un obradoiro de creación de contos: SACHACONTOS.
 

Sachacontos, é unha xuntanza de miolos compartindo ideas e ocorrencias... un obradoiro de creación de contos frescos, nunca contados, nunca escoitados...


Esteban de Tarabelos pasou uns días con nós sachando contos. Xuntos xogamos coas historias e cos personaxes.
 

Todos imaxinamos, todos xogamos, todos creamos... e fixémolo sen preocuparnos do resultado, que foi único e especial.



Foi un obradoiro totalmente baseado na imaxinación, na improvisación e no traballo cooperativo.



Compartimos, relacionámonos, buscamos explicación ó inexplicable, desinhibímonos, rimos xuntos, aprendemos novas palabras, adestramos a nosa imaxinación, fixémonos creadores...
 

Do tempo que pasamos sachando contos saíron contos creados, rematados ou sen rematar, ideas tolas, mentes abertas... e saímos de alí con ansia de seguir creando.


E recibimos o noso título de sachacontos, co compromiso de seguir usando o sacho da imaxinación!


Nestes vídeos veredes, un pouquiño do moito que fixemos en cada grupo:

 3 anos sachando contos:

4 anos sachando contos:

5 anos sachando contos:

1º e 3º sachando contos:

2º sachando contos:

4º sachando contos:

5º sachando contos:

6º sachando contos:

1 comentario: